Xoves 13

de

Febreiro

IDIS

Santiago de Compostela

18:00h

Girls Just Wanna Do Science

BTL

Que significa ser muller en ciencia e chegar lonxe? Romper teitos de cristal? Abrir camiño para as que veñen detrás? Demostrar que o coñecemento non entende de xéneros? Ao noso parecer, é algo moito máis profundo: é transformar as dificultades en oportunidades, inspirar co exemplo e demostrar que o coñecemento, o esforzo e a paixón non teñen límites.

13 DE
FEBREIRO
18:00h

Acompáñanos neste evento íntimo no que poderás coñecer de cerca as historias de mulleres que lideran, inflúen e cambian as regras do xogo. Falaremos de logros, de aprendizaxes e de como converter a experiencia nunha ferramenta para o cambio. Porque o futuro da ciencia tamén se escribe con voz de muller.

Esperámoste!

IDIS – Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago

 

(s/n A, Travesía da Choupana, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña)

ubicacion

RELATORAS

María
Martínez Lodeiro

CEO de Amarela Leaf Whey, empresa que ofrece unha solución en formato papel a partir de excedentes vexetais e consegue un material de fibras vexetais, transformándoo nunha solución de envasado sostible para o sector lácteo.

María Martinez

María
de la Fuente Freire

Xefa do Grupo de Nano-Oncoloxía do IDIS e cofundadora/CEO de DIVERSA Technologies SL, unha spin-off para desenvolver nanomedicamentos innovadores que aborden necesidades médicas non cubertas, conta con máis de 20 anos de experiencia no ámbito da nanomedicina e terapia xénica, así como con proxectos internacionais, patentes e publicacións.

María De La Fuente

Laura
Lagos Abarzuza

Investigadora da UDC no CISPAC e autora dunha tese clave sobre a relación entre os lobos e os cabalos salvaxes en Galicia, está especializada no estudo do medio natural, da fauna e participou en numerosos proxectos relacionados coa conservación de hábitats.

Laura Lagos
Inscribete
Beyond The Lab

contacto

Resumir nunha web todo o que facemos é complicado. Convidámoste a que nos contes sobre o teu proxecto.

O noso equipo reunirase contigo para valorar conxuntamente en que podemos axudarche. Podémonos reunir por videochamada, nun café ou nas nosas oficinas na Rúa Real 24, Planta 1ª, 15003, A Coruña.

newsletter

Subscríbete! Prometemos non enviar demasiadas, e só con información de interese como ofertas específicas, financiamento…