

BTL
Hai unha ciencia que non se ve. Que se esconde no diminuto, no invisible a simple vista. É a ciencia que traballa a escalas tan pequenas que unha soa célula parece inmensa. Pero non por ser pequena é menos poderosa. Todo o contrario: no microscópico escóndense algunhas das claves más prometedoras para o futuro.
27 de
MAIO
18:00h
Neste novo Beyond the Lab adentrámonos no universo da nanotecnoloxía e o microscópico, pero non só desde a ciencia. Queremos coñecer ás persoas que habitan ese mundo invisible, entender como pensan, que as move, que descobren. Porque, ás veces, no máis pequeno é onde se esconden as historias máis grandes.
Esperámoste!

centro de investigación en tecnoloxías
da información y as comunicacións
RELATORES
Alejandro Criado
Alejandro Criado Fernández é doutor en química e investigador contratado no programa Ramón y Cajal na Universidade da Coruña, onde forma parte do grupo de investigación “Nanochemistry and Self-Assembly for Biological Sciences”.

Iria R. Arias
Iria R. Arias é doutora en química e, actualmente, exerce o posto de Directora de Investigación e Desenvolvemento (I+D) en NANOGAP, unha empresa especializada no desenvolvemento e produción de materiais a escala nanométrica.

José Vilariño
José Manuel López Vilariño, doutor en química, é o responsable o departamento de I+D+i en Hijos de Rivera. Ademais, en xuño de 2023, foi nomeado presidente do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga).

Susana Ladra
Susana Ladra González é catedrática no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña (UDC), onde tamén forma parte do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).


contacto
Resumir nunha web todo o que facemos é complicado. Invitámoste a que nos contes sobre o teu proxecto.
O noso equipo reunirase contigo para valorar conxuntamente en que podemos axudarche. Podémonos reunir por videochamada, nun café ou nas nosas oficinas na Rúa Real 24, Planta 1ª, 15003, A Coruña.
newsletter
Subscríbete! Prometemos non enviar demasiadas, e só información de interese como ofertas específicas, financiamento…
