O fracaso: unha precuela da innovación?

O fracaso: unha precuela da innovación?
Enabled reading mode

Estamos acostumados a escoitar historias de éxito de grandes empresas, pero que pasa cos fracasos? Na innovación, os erros non son o final, senón parte do camiño cara ao éxito.

Sen dúbida, no ámbito do desenvolvemento e a innovación o fracaso está á orde do día. Proxectos que quedan na recámara e que quizais, anos máis tarde, volven doutro modo. No mundo da innovación, a palabra éxito non xorde no primeiro intento. E senón, que llo digan a moitas empresas icónicas que se enfrontaron a proxectos que foron un fracaso antes de chegar á cima.

Hoxe traémosvos algúns casos inspiradores nos que o fracaso non foi o final, senón o comezo de algo aínda máis grande!

En 1993, Apple lanzou o Newton, un dos primeiros asistentes dixitais persoais (PDA), que foi todo un fracaso. Aínda que adiantado ao seu tempo, non existían dispositivos deste estilo, e o Newton rematou sendo un auténtico chasco. Non houbo unha única razón inequívoca de por que non funcionou, senón un cúmulo de variables, despropósitos e retrasos que deron como resultado un gadget con numerosos problemas e demasiadas promesas, xunto co seu alto prezo.

Apple continuou traballando no desenvolvemento de dispositivos deste estilo ata que, en 2007, lanzou o iPhone, un dispositivo que cambiou o paradigma dos teléfonos móbiles. Podemos dicir que o Newton foi o precursor conceptual do iPhone? Unha cousa está clara: o fracaso inicial foi clave para a creación dun dos dispositivos máis exitosos da historia.

Nintendo, a gran empresa de entretemento xaponesa, lanzou en 2012 a Wii U, esperando repetir o éxito que alcanzara coa súa predecesora, a Wii. Pola contra, a súa recepción foi diferente; problemas de marketing e a falta de claridade para transmitir as vantaxes do seu novo concepto de pantalla dual resultaron en vendas moi baixas e unha ameaza ao seu dominio no mercado de videoxogos.

Pasaron de vender 100,8 millóns de unidades coa Wii a só 5,3 millóns coa Wii U, sen xerar interese na comunidade gamer nin introducir novidades tecnolóxicas de xogabilidade. A pesar do fracaso, continuaron desenvolvendo e innovando, e en 2017, Nintendo lanzou a Switch, integrando elementos de consola portátil e de sobremesa. O resultado: un éxito rotundo! A versatilidade e o gran catálogo de xogos revitalizaron a Nintendo e confirmaron a importancia de adaptarse ao mercado e aprender de erros previos.

Outro fracaso moi sonado foi o de IBM e a súa transformación de hardware a servizos. Durante as décadas de 1980 e 1990, IBM atopábase nunha situación complicada debido á crecente competencia no mercado de hardware. A empresa perdeu cota de mercado fronte a competidores que ofrecían solucións máis accesibles e parecía estar preto do declive.

Para contrarrestar esta situación, IBM decidiu reinventarse, abandonando en gran medida a fabricación de hardware e enfocándose no desenvolvemento de servizos de software de alto valor, como solucións de IA e computación en nube. Con proxectos de alto impacto como a supercomputadora Watson, a empresa posicionouse como líder en intelixencia artificial e consultoría tecnolóxica.

Fálase do Ford Edsel como o peor coche da historia e o maior fracaso empresarial. Ford lanzou nos anos 50 un vehículo que fracasou rapidamente debido ao seu elevado prezo, falta de popularidade e un deseño que non encaixaba co mercado da época. A compañía perdeu máis de 350 millóns de dólares con este proxecto, o que actualmente equivalería a 3.000 millóns. En vez de continuar con ese enfoque de luxo exclusivo que caracterizaba ao Edsel, Ford apostou pola innovación en vehículos accesibles e eficientes. Este cambio de estratexia axudou a manterse forte no mercado e chegar a liderar en segmentos como os vehículos eléctricos e sostibles.

Xerox é outro caso dun erro que inspirou a outros. Nos anos 70, desenvolveron un dos primeiros ordenadores persoais: o Xerox Alto. Aínda que contaba con tecnoloxía revolucionaria, incluíndo interfaces gráficas e un rato, a compañía non logrou comercializar o produto de maneira efectiva. Con todo, serviu de inspiración para empresas como Apple ou Microsoft, que aproveitaron conceptos como a interface de usuario nos seus propios sistemas operativos. Aínda que Xerox non foi a gran gañadora, o seu legado no ámbito tecnolóxico é innegable e mostra como a innovación pode impactar máis aló dos beneficios directos.

Desde o PDA fallido ata un coche con pouca visión no consumidor, Apple, Nintendo, IBM, Ford e Xerox son exemplos de que os erros poden levar ao crecemento e ao éxito no camiño. Sen dúbida, o fracaso na innovación non é un obstáculo insuperable, senón unha parte máis da traxectoria. Poderiamos entón esquecernos da palabra “fracaso” e entendelo como unha etapa máis do negocio.

Credits

Post image typography:

Google

Post image typography:

Geist Mono
Go to top