Duponte – identidade visual e deseño web

Enabled reading mode

Innovación en xenética para decisións clínicas precisas

Duponte é unha empresa dedicada a desenvolver solucións tecnolóxicas que apoian a profesionais da saúde no ámbito da xenética. A súa misión é transformar a complexidade do xenoma en información clara, rápida e útil mediante o uso de intelixencia artificial. Ofrecen servizos en solucións xenéticas, investigación aplicada e formación científica, co obxectivo de mellorar diagnósticos, tratamentos e estratexias de prevención. Entre as súas iniciativas destaca Matchgénica, unha plataforma impulsada por intelixencia artificial que facilita a interpretación de variantes xenéticas e potencia o labor clínico e investigador.

Desde ingenyus* articulamos a identidade de Duponte cun enfoque estratéxico e humano, creando unha identidade visual sólida e un logotipo que transmiten confianza, innovación e claridade. En paralelo, desenvolvemos unha plataforma web funcional e elegante que achega a xenética tanto a profesionais como a pacientes, a través dunha experiencia dixital intuitiva e accesible.

dimensión do proxecto

identidade corporativa

deseño web

identidade corporativa e logotipo

Desde a identidade corporativa até a narrativa de marca, en ingenyus* articulamos unha comunicación clara e fiable que reflicte o ADN de Duponte: rigor científico con utilidade real. Cada elemento está deseñado para transmitir accesibilidade, innovación aplicada e o firme compromiso de poñer a xenética ao servizo de todas as persoas.

Partimos dun símbolo inspirado na cadea de ADN, sólido na súa orixe pero demasiado común no sector. Era necesario dar un paso adiante e dotar a marca dun relato máis propio. Así xorde a ponte, un concepto que expresa a verdadeira esencia de Duponte: conectar a excelencia xenómica coa práctica clínica, e facelo dun modo dinámico, versátil e en constante evolución.

logotipo duponte
símbolo duponte

Para reforzar esta diferenciación, traballamos sobre dous eixos clave: tipografía e cor. A nova tipografía, fluída e orgánica, transmite innovación e proximidade, eliminando a rixidez da versión anterior. En paralelo, simplificamos a paleta cromática para mellorar a memorabilidade: un verde flúor como cor principal e un azul tecnolóxico que achega solidez e modernidade. O contraste entre ambos xera unha linguaxe visual potente e disruptiva.

O resultado é unha identidade visual coherente e diferenciadora, capaz de transmitir confianza, innovación e profesionalismo, e aliñada coa misión de Duponte: facer que a xenética traballe para todos dun xeito claro, útil e accesible.

aplicación duponte

deseño web

Transformamos la identidade corporativa de Duponte nunha experiencia dixital coherente e efectiva. A web non se limita a replicar visualmente a marca, senón que a proxecta nun contorno no que a complexidade xenética se traduce nun percorrido intuitivo e accesible, mantendo sempre o rigor científico como eixo central.

Deseñamos un espazo dixital minimalista e funcional, onde cada elemento ten un propósito: priorizar a claridade, a accesibilidade e a usabilidade. A arquitectura da información e a xerarquía visual foron pensadas con coidado para que tanto profesionais da saúde como pacientes atopen con facilidade o que buscan, sen friccións nin distraccións.

Cada interacción está optimizada para guiar á persoa usuaria con naturalidade, reforzando a confianza na marca e transmitindo o seu valor diferencial: liderar a revolución xenética con innovación e humanidade. O resultado é unha plataforma dixital que non só comunica, senón que tamén conecta, acompaña e potencia o traballo de quen se apoia en Duponte.

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top