Biomateriais que imitan o cartílago natural.
PREC&NAT-MIMIC é un proxecto de investigación liderado pola Universidade de Vigo, enfocado no deseño e desenvolvemento de biomateriais avanzados capaces de imitar as propiedades da cartilaxe natural. Trátase dunha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar solucións concretas no ámbito da medicina rexenerativa, abrindo novas posibilidades para o tratamento de lesións articulares e enfermidades dexenerativas.
Desde ingenyus* colaborouse no deseño da marca, incluíndo o logotipo e a identidade corporativa, así como no desenvolvemento da web e na maquetación de dúas infografías.
dimensión do proxecto
identidade corporativa e logotipo
Desde o inicio do proxecto, en ingenyus* traballamos no desenvolvemento dunha identidade visual que captase a esencia de PREC&NAT-MIMIC e que comunicase de forma clara os seus valores fundamentais: innovación, ciencia e biomimese. O resultado foi un logotipo distintivo e versátil, concibido coidadosamente para reflectir o carácter científico do proxecto e o seu enfoque na rexeneración natural de tecidos.

Deseñamos unha marca visual única que encarna o espírito innovador e o enfoque biomimético de NATMIMIC, consolidando unha identidade sólida, coherente e profesional, capaz de destacar tanto en contornos científicos como divulgativos.



maquetación infográfica
ingenyus* estivo tamén ao cargo da maquetación de dúas infografías ilustrativas, especialmente deseñadas para explicar, de maneira clara e accesible, a investigación e os obxectivos do proxecto.
Estas pezas visuais non só simplifican os procesos científicos implicados, senón que tamén transforman a información nun contido atractivo e comprensible, tanto para audiencias especializadas como para o público xeral.

deseño web
Desde ingenyus* levouse a cabo o deseño e desenvolvemento do sitio web oficial do proxecto, coidando cada detalle para garantir unha navegación intuitiva e unha presentación clara e atractiva dos contidos.

Ademais, encargámonos da redacción e estruturación de todos os textos, asegurando que a información científica se comunicase dun modo accesible, rigoroso e visualmente coherente.

