Un punto de encontro entre investigación, universidade e sector empresarial
O Programa de Doutoramentos Industriais da Axencia Galega de Innovación financia a formación de persoal investigador altamente cualificado mediante 15 teses de doutoramento desenvolvidas en empresas e centros tecnolóxicos en colaboración con universidades galegas, co obxectivo de impulsar a I+D e a transferencia de coñecemento; neste marco, proponse unha xornada de benvida para as 15 persoas que inician a súa formación en 2025, xunto coas entidades de acollida e as direccións de tese.
Desde ingenyus apoiamos a GAIN na xestión integral de dúas edicións desta xornada, celebradas en 2025 e 2026, asumindo tanto as funcións propias da secretaría técnica como o deseño e a produción de todos os materiais necesarios para o seu desenvolvemento.
organización integral do evento
Levouse a cabo a coordinación global da xornada, actuando como punto de contacto entre todos os axentes implicados: doutorandos e doutorandas, empresas de acollida e universidades. Este labor incluíu a xestión de comunicacións, a supervisión do proceso de inscrición e o control do rexistro de asistentes, garantindo unha planificación ordenada e unha experiencia fluída desde a convocatoria ata a celebración do evento.
Así mesmo, asumíronse tarefas clave de produción e loxística, como a reserva e adecuación do espazo, a elaboración de propostas de escaleta e a coordinación de servizos asociados, entre eles o catering e a azafataría. Tamén se xestionou a relación con provedores externos, especialmente no ámbito audiovisual, e desenvolveuse o guión para a persoa encargada da presentación, asegurando a coherencia narrativa e o correcto desenvolvemento da xornada.

deseño gráfico e desenvolvemento visual
En paralelo, traballouse no deseño integral da identidade visual do evento, creando unha imaxe coherente e aliñada cos obxectivos do programa. Este enfoque permitiu dotar á xornada dunha personalidade propia e recoñecible, aplicable a todos os soportes e momentos da experiencia.
Ademais, levouse a cabo a maquetación das presentacións empregadas durante o evento, garantindo claridade, consistencia e calidade visual nos contidos. Deseñáronse tamén os principais elementos gráficos de apoio, como o roll-up e o photocall, contribuíndo a reforzar a visibilidade institucional e a xerar unha contorna visual coidada e profesional.

