Bio Rock Party – Gestión integral de eventos

Enabled reading mode

Bioga á vangarda da industria biotecnolóxica galega

A Bio Rock Party 2025 celebrou o 15º aniversario do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), reunindo arredor de 100 profesionais do ecosistema biotecnolóxico galego. A cita tivo lugar o 26 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela, onde empresas, persoal investigador e entidades socias compartiron un espazo de celebración.

A noite combinou o carácter institucional cunha proposta innovadora marcada pola música da banda británica MFC Chicken, que encheu a sala de rock and roll.

identidade corporativa

A identidade do Bio Rock Party parte dunha idea clara: trasladar a enerxía e o carácter irreverente do rock and roll ao universo da biotecnoloxía, creando un punto de encontro entre música e ciencia. Inspirada na estética dos anos 90, a proposta visual fusiona este imaxinario musical cos cores corporativos de Bioga, vermello e negro, reinterpretándoos desde un enfoque contemporáneo e dinámico que conecta co espírito innovador do clúster.

O deseño constrúese a partir de recursos gráficos propios da linguaxe do rock: tipografías contundentes, composicións con ritmo e elementos que evocan cartelería de concertos, xerando unha identidade potente e recoñecible. Este enfoque non só reforza o carácter festivo do evento, senón que tamén simboliza a forza colectiva do ecosistema biotecnolóxico galego, trasladando visualmente conceptos como enerxía, comunidade e evolución.

O resultado é unha identidade con personalidade, capaz de romper cos códigos tradicionais do sector sen perder coherencia institucional. Unha marca que conecta co seu público desde o emocional, celebrando o percorrido de Bioga.

deseño gráfico

En ingenyus*, desenvolvemos o sistema visual completo do Bio Rock Party, trasladando a esencia do rock and roll ao contorno do evento e garantindo unha experiencia coherente en todos os puntos de contacto. O traballo incluíu a conceptualización e deseño das pezas clave de comunicación: cartelería, entradas, acreditacións, contidos dixitais e materiais promocionais, todos aliñados coa estética potente e enerxética definida para a celebración.

A identidade despregouse de forma integral no espazo, desde o escenario ata os elementos de ambientación, o photocall e o merchandising, como a camiseta conmemorativa dos 15 anos; coidando cada detalle para reforzar o carácter festivo e diferencial do evento.

xestión integral

ingenyus asumiu a xestión completa do Bio Rock Party, desde a conceptualización inicial ata a execución final do evento. Isto incluíu a coordinación coa sala, os provedores, o equipo técnico de son e iluminación, a banda, os servizos de apoio e todos os aspectos loxísticos necesarios para garantir o correcto desenvolvemento da celebración.

Durante a fase de montaxe, o noso equipo supervisou cada detalle na Sala Capito, asegurando o cumprimento dos prazos e a calidade da produción. Así mesmo, realizouse unha coordinación continua durante o evento, garantindo que a programación, a actuación en directo e a experiencia dos asistentes se desenvolvesen con fluidez.

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top