É un espazo creado por ingenyus* para aqueles que vivimos a ciencia e a innovación de preto… e desde dentro. Un punto de encontro aberto a todos, onde máis aló de ideas e proxectos, destacamos as persoas que están detrás da ciencia: as súas historias, experiencias e todo o que hai detrás de cada avance.
BTL
Cada edición aborda un tema clave desde unha perspectiva próxima, mostrando non só o impacto da innovación, senón tamén os retos, as leccións aprendidas e os logros dos que a fan posible. Unha oportunidade para conectar, reflexionar e descubrir como o coñecemento e as conexións humanas poden transformar a nosa contorna.
Máis que un evento, é unha experiencia para inspirarse, aprender, colaborar e crecer xuntos, recoñecendo o valor das persoas que impulsan a ciencia como motor de cambio e progreso.
Apúntaste?
contacto
Resumir todo o que facemos nun sitio web é complicado. Convidámoste a que nos fales o teu proxecto.
O noso equipo reunirase contigo para valorar conxuntamente como podemos axudarche. Podemos reunirnos por videochamada, nunha cafetería ou nas nosas oficinas na rúa Real 24, Planta 1ª, 15003, A Coruña .
newsletter
Subscríbete! Comprometémonos a non enviar demasiados, e só con información de interese como ofertas concretas, financiamento, etc.


