MÉRCORES 19 NOVEMBRO/ 18:00 / ESPAZO REDEIRAS VIGO
Redeiras
BTL
As ideas non nacen soas: crúzanse, encóntranse, mestúranse. Ás veces nunha conversa inesperada, outras nun proxecto compartido ou cando alguén decide tender unha man cara outro lugar. Así se tecen as redes que impulsan a ciencia, a innovación e a creatividadade, unindo perspectivas, talentos e experiencias que, xuntas, fan posible o cambio.
MÉRCORES 19
NOVEMBRO /
18:00
Beyond the Lab: Redeiras pon o foco sobre quen saben moverse entre mundos distintos e entenden que cada conexión pode ser o inicio dunha gran transformación. Unha invitación a mirar a colaboración non como unha estratexia, senón como unha forma de facer comunidade.
Porque cando os fíos se entrelazan, o tecido vólvese máis forte, máis diverso e máis capaz de transformar o que nos rodea.
Espazo Redeiras Vigo
RELATORES

#incotec Anxo Vidal

#Sofía Pérez consultora innovación estratéxica

#cinbio Verónica Salgueiriño

#kiur José Rosendo / Diana Sofia Herrera

#Rural Hackers Ignacio Márquez / África Rodríguez / Agustín Jamardo Chenlo
Agradecemos
o apoio
A xornada Redeiras de “Beyond the Lab” é un encontro para compartir experiencias e fomentar o networking entre profesionais do ámbito científico e tecnolóxico.
Forma parte do proxecto EMPREN+AP, financiado na Convocatoria I+P pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) en colaboración coa Oficina Nacional de Asesoramento Científico (ONAC).
Este proxecto, que conta ademais co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), contribúe á formación de políticas públicas de apoio ao emprendemento tecnolóxico nos campos dos nanomateriais e a biomedicina, fortalecendo os lazos entre o persoal e a administración pública. Máis información.
contacto
Resumir nunha web todo o que facemos é complicado. Convidámoste a que nos contes sobre o teu proxecto.
O noso equipo reunirase contigo para valorar conxuntamente en que te podemos axudar. Podémonos reunir por videochamada, nun café ou nas nosas oficinas na Rúa Real 24, Planta 1ª, 15003, A Coruña.
newsletter
Subscríbete! Prometemos non enviar demasiadas, e só con información de interese como ofertas específicas, financiamento…