CRO Analítico Avanzado
AMSbiopharma é unha organización de investigación por contrato (CRO) que ofrece servizos analíticos avanzados para as industrias farmacéutica, biofarmacéutica e química. Como parte do grupo AMSlab, o laboratorio está especializado tanto na fase preclínica como no control de calidade do proceso de desenvolvemento de fármacos.
Situada en Lugo, distínguese polo seu enfoque na atención personalizada e pola estreita colaboración cos seus clientes para resolver problemas analíticos específicos e de rutina nos procesos de control de calidade.
Os servizos ofrecidos inclúen a análise de impurezas, metabolómica, bioanálise, identificación de biomarcadores e estudos de estabilidade de fármacos, entre outros. Ademais, AMSbiopharma emprega tecnoloxías avanzadas como UPLC-MS/MS (cromatografía líquida acoplada á espectrometría de masas) para garantir resultados precisos, seguros e en cumprimento cos estándares regulatorios en cada fase do desenvolvemento de produtos biofarmacéuticos.
dimensión do proxecto
identidade corporativa
deseño e desenvolvemento web
deseño gráfico
identidade corporativa
En AMSbiopharma levamos a cabo un redeseño integral do logotipo, xunto coa creación dun novo manual de marca, para reflectir a evolución e o compromiso coa innovación no sector biofarmacéutico. O novo logotipo mantén a esencia da identidade, pero cunha aparencia máis moderna, que simboliza tanto o avance tecnolóxico como a posición de líderes en servizos analíticos para a industria farmacéutica e biofarmacéutica.
O redeseño centrouse en manter e unificar a imaxe de marca de AMSLab, empresa principal e propietaria de AMSbiopharma, co fin de que ambas marcas estean asociadas dentro do mesmo grupo empresarial.

Paralelamente, desenvolvemos un novo manual de marca que establece directrices claras para o uso de todos os elementos visuais, garantindo unha identidade coherente en todas as comunicacións. Este documento é clave para aliñar todo o equipo e os colaboradores externos coa imaxe renovada, asegurando que cada punto de contacto cos clientes reforce a identidade como un socio estratéxico fiable e especializado.



deseño e desenvolvemento web
Unha vez consolidada a identidade de marca, procedemos ao deseño e desenvolvemento da súa páxina web. O obxectivo era comunicar de maneira eficaz a nova identidade, destacando os seus servizos e poñendo o foco en temas como a biotecnoloxía innovadora, o compromiso coa sustentabilidade e a proximidade cos seus clientes.

O resultado é un sitio web visualmente atractivo, cunha estética minimalista e de fácil navegación, que reflicte á perfección a identidade de AMSbiopharma. Deseñado pensando no usuario, a web adáptase a todo tipo de visitantes, ofrecendo unha experiencia amigable e fluida. Ademais, puxemos especial atención en mellorar a súa visibilidade nos buscadores, logrando un bo posicionamento orgánico en Google e asegurando que a web alcance de maneira eficaz un público amplo.


O sitio web é completamente responsive, o que garante unha navegación sinxela e consistente desde calquera dispositivo. Deste xeito, os usuarios poden disfrutar dunha experiencia intuitiva e agradable en todo momento, sen importar se acceden desde un ordenador, teléfono ou tablet.
deseño gráfico
Tras a consolidación da imaxe de AMSbiopharma, o proceso de deseño e desenvolvemento web, levamos a cabo un proxecto integral de deseño gráfico enfocado en fortalecer a súa identidade visual e facilitar a comunicación co seu público obxectivo.

Creamos un catálogo corporativo que capturase a esencia de AMSbiopharma, reflexando os seus servizos de xeito claro e atractivo, destacando os seus valores de innovación e calidade. Tamén levamos a cabo o deseño de plantillas de presentación versátiles e adaptables, aliñadas co branding da marca, garantindo unha coherencia visual en todas as súas comunicacións, tanto internas como externas. Este enfoque permitiunos consolidar un proxecto visualmente atractivo, estético e facilmente recoñecible para os usuarios.

