Innovación Microfluídica para a Investigación Preclínica
BFlow é unha empresa biotecnolóxica especializada no desenvolvemento de solucións microfluídicas avanzadas para a investigación preclínica. A súa tecnoloxía permite crear modelos in vitro altamente realistas que reproducen condicións in vivo, optimizando os ensaios farmacolóxicos e reducindo custos e tempos no desenvolvemento de novos tratamentos.
Desde sistemas Vessel ata Organ-on-a-chip, BFlow está á vangarda na creación de ferramentas que impulsan a investigación biomédica e farmacéutica.
Packaging para potenciar a identidade de BFlow
Como parte da colaboración de ingenyus* con BFlow, deseñamos o packaging para os seus produtos, incluíndo o Shear Stress Kit, un sistema innovador destinado á simulación de fluxo en modelos microfluídicos, e o QuickStart Kit.

- Deseñamos unha estética limpa e profesional, cun equilibrio entre a innovación científica e a accesibilidade.
- Integramos elementos gráficos inspirados na microfluídica, con patróns que imitan os circuítos e as canles microscópicas.
- Utilizamos unha paleta cos dous principais cores da identidade de BFlow, reforzando a presenza visual da marca no seu sector.

O resultado é un packaging funcional, atractivo e aliñado coa proposta de valor de BFlow, facilitando a experiencia do usuario e consolidando a súa imaxe como un referente en nanotecnoloxía microfluídica.
