Bioga á vangarda da industria biotecnolóxica galega
identidade corporativa
A identidade do Bio Rock Party parte dunha idea clara: trasladar a enerxía e o carácter irreverente do rock and roll ao universo da biotecnoloxía, creando un punto de encontro entre música e ciencia. Inspirada na estética dos anos 90, a proposta visual fusiona este imaxinario musical cos cores corporativos de Bioga, vermello e negro, reinterpretándoos desde un enfoque contemporáneo e dinámico que conecta co espírito innovador do clúster.
O resultado é unha identidade con personalidade, capaz de romper cos códigos tradicionais do sector sen perder coherencia institucional. Unha marca que conecta co seu público desde o emocional, celebrando o percorrido de Bioga.

deseño gráfico
En ingenyus*, desenvolvemos o sistema visual completo do Bio Rock Party, trasladando a esencia do rock and roll ao contorno do evento e garantindo unha experiencia coherente en todos os puntos de contacto. O traballo incluíu a conceptualización e deseño das pezas clave de comunicación: cartelería, entradas, acreditacións, contidos dixitais e materiais promocionais, todos aliñados coa estética potente e enerxética definida para a celebración.
A identidade despregouse de forma integral no espazo, desde o escenario ata os elementos de ambientación, o photocall e o merchandising, como a camiseta conmemorativa dos 15 anos; coidando cada detalle para reforzar o carácter festivo e diferencial do evento.


xestión integral
ingenyus asumiu a xestión completa do Bio Rock Party, desde a conceptualización inicial ata a execución final do evento. Isto incluíu a coordinación coa sala, os provedores, o equipo técnico de son e iluminación, a banda, os servizos de apoio e todos os aspectos loxísticos necesarios para garantir o correcto desenvolvemento da celebración.
Durante a fase de montaxe, o noso equipo supervisou cada detalle na Sala Capito, asegurando o cumprimento dos prazos e a calidade da produción. Así mesmo, realizouse unha coordinación continua durante o evento, garantindo que a programación, a actuación en directo e a experiencia dos asistentes se desenvolvesen con fluidez.

