Incubadora de Alta Tecnoloxía Biotech
En ingenyus* tivemos unha participación activa na iniciativa impulsada pola AVTE da Universidade de Santiago de Compostela: BIOINCUBATECH. Esta incubadora de alta tecnoloxía xorde para fomentar a innovación e a transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e das tecnoloxías alimentarias ás microempresas.

Participamos tanto na coordinación e planificación do evento de presentación, incluíndo actividades de dinamización e networking, como na execución dos servizos incluídos nas actividades de incubación e aceleración.
servicio integral de marketing, ventas e comunicación
A colaboración de ingenyus* no marco do proxecto centrouse nun servizo integral de asistencia técnica en marketing, vendas e comunicación. Para cada un dos proxectos adheridos ofertouse un conxunto de actuacións para o seu impulso en función do seu estadio.
Así, colaborouse con máis de 40 empresas a través dos nosos servizos, en aspectos tan diversos como deseño e desenvolvemento web, asesoramento, lanzamento de redes sociais, presentacións comerciais, posicionamento de pago, entre outros.
Os proxectos, na súa totalidade de base tecnolóxica, foron tan diversos como:



evento de peche – BioGalicia Summit
A colaboración de ingenyus* no evento de presentación correspondeu a unha xestión integral, na que destaca, por unha banda, a labor de consultoría para a definición do evento, a elección de ponentes e a definición do programa. Como acción transversal, o traballo centrouse no deseño e desenvolvemento web, así como na captación de asistentes, cunha xestión destacada de posicionamento e comunicación.
Finalmente, cómpre destacar a organización dun evento en liña de networking a través de ferramentas dixitais, que permite levar a cabo reunións 1 a 1 orientadas ao establecemento de relacións comerciais ou de colaboración para o impulso de proxectos.
A continuación pode verse un extracto do evento de presentación:
Join TFG/TFM
Como último paso do proxecto, prestouse un servizo integral na organización e xestión de Join TFG/TFM, unha iniciativa integrada dentro do proxecto BioIncubaTech que premia aos estudantes cos mellores traballos finais de grao e máster en biotecnoloxía, enfocados aos sectores agroalimentario e da saúde.
