Intelixencia Artificial en Algoritmos Verdes
O proxecto de ciencia cidadá definido por ingenyus para a UDC no marco da Cátedra Inditex–UDC de IA en Algoritmos Verdes ten como obxectivo achegar á sociedade ao debate sobre o impacto ambiental da intelixencia artificial. A través dunha experiencia dixital participativa, convídase á cidadanía a reflexionar e compartir a súa percepción da IA, a súa importancia e o seu impacto na sostibilidade.
Desde ingenyus* encargámonos de conceptualizar, deseñar e impulsar esta iniciativa, desenvolvendo a landing page, o formulario de participación e o vídeo de presentación. O resultado é unha proposta accesible, visual e atractiva que fomenta a implicación social nos retos tecnolóxicos e medioambientais do presente.
dimensión do proxecto
deseño e desenvolvemento landing
Creamos unha landing cunha estética visual limpa, moderna e funcional, pensada para captar a atención desde o primeiro instante. Utilizamos unha paleta de cores contemporánea e lixeira baseada nas cores da UDC, e unha aparencia atractiva e profesional que invita a explorar o contido.
Ademais, estruturamos elementos visuais consistentes —iconas, microanimacións e xerarquía gráfica— que guían de maneira intuitiva a persoa usuaria pola landing. A súa usabilidade e accesibilidade garanten unha experiencia fluída en todos os dispositivos e favorecen a participación activa.


deseño formulario
O formulario foi deseñado para ser claro, próximo e visualmente atractivo, promovendo unha participación natural e sen obstáculos. Cada pregunta está secuenciada con coidado, cunha linguaxe accesible que anima a compartir ideas sobre o impacto da intelixencia artificial.
Integrado coa mesma estética moderna do sitio, o formulario reforza a sensación de coherencia visual. A súa experiencia inmersiva facilita que as persoas usuarias se sintan motivadas a responder, aumentando a taxa de participación e a calidade das achegas.


produción vídeo
Desenvolvemos un vídeo breve deseñado para impactar e conectar desde a primeira visualización. A súa estrutura narrativa clara e estética coidada completan o percorrido participativo, engadindo emoción e contexto ao formulario e á mensaxe global.
A súa curta duración e o seu ritmo áxil están pensados para adaptarse aos formatos de consumo dixital actuais, maximizando a súa efectividade en redes sociais e outros canles de difusión en liña.