FEQX LAB

Enabled reading mode

Ciencia aplicada ao progreso industrial e ambiental

FEQx Lab é un grupo de investigación pertencente ao Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, especializado no estudo e desenvolvemento de procesos químicos e bioquímicos de alto impacto. A súa labor céntrase en xerar coñecemento aplicado no ámbito da enxeñaría de procesos, combinando ciencia, tecnoloxía e innovación para avanzar na sustentabilidade e na eficiencia industrial.

Desde ingenyus* desenvolvemos para FEQx Lab un traballo integral de identidade visual e deseño web, co obxectivo de trasladar o seu rigor científico e a súa vocación innovadora a un linguaxe visual coherente, estruturado e contemporáneo. O resultado é unha marca sólida e unha plataforma dixital que reforzan a conexión entre investigación, tecnoloxía e comunicación, proxectando a excelencia do laboratorio dentro do ecosistema científico e industrial.

identidade visual

A nova identidade de FEQx Lab parte da esencia da enxeñaría química: precisión, estrutura e transformación. O logotipo constrúese a partir de formas xeométricas puras e un sistema tipográfico racional, transmitindo método e rigor científico. A composición do isotipo reflicte equilibrio e dinamismo, evocando a interacción entre elementos, a experimentación e a busca de resultados tanxibles.

FEQX LAB

O deseño busca un equilibrio entre sobriedade académica e modernidade visual. A paleta cromática, dominada por tons neutros e acentos tecnolóxicos, aporta elegancia e profesionalidade, mentres que a reixa e a tipografía transmiten claridade e coherencia. En conxunto, a marca proxecta unha identidade contemporánea que comunica innovación, precisión e coñecemento aplicado.

FEQX LAB_logotipo_V2
FEQX LAB_icono

Cada detalle do logotipo foi deseñado para expresar o carácter do laboratorio: un espazo onde a ciencia se combina coa creatividade e onde a investigación se traduce en impacto real. A marca non só representa ao grupo, senón que reforza a súa presenza e credibilidade dentro do ecosistema científico e industrial.

deseño e desenvolvemento web

O novo sitio web de FEQx Lab concibiuse como un escaparate dixital da súa actividade investigadora, cun deseño que combina claridade informativa e estética tecnolóxica. A arquitectura da información estruturouse para facilitar o acceso ás súas liñas de investigación, publicacións e colaboracións, priorizando a usabilidade e a lectura áxil.

Visualmente, a web mantén a coherencia coa identidade do laboratorio: unha composición limpa, modular e precisa que reflicte a metodoloxía científica. Os recursos gráficos, as animacións sutís e a xerarquía tipográfica reforzan a idea de innovación e dinamismo. O resultado é un entorno dixital que traduce a complexidade científica nunha experiencia clara, ordenada e visualmente atractiva.

Desde o punto de vista técnico, priorizouse a accesibilidade, o rendemento e a adaptabilidade, garantindo unha experiencia óptima en calquera dispositivo. A web non só comunica o que fai o laboratorio, senón como o fai: con rigor, visión e compromiso coa innovación.

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top