PCBAS Galicia – Servizo integral consultoría, márketing e comunicación

Enabled reading mode

Comunicación para a biotecnoloxía que transforma a saúde

O Plan Complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde (PCBAS) é unha iniciativa estratéxica de investigación e desenvolvemento, financiada pola Unión Europea a través do programa Next Generation EU. En Galicia, o plan articúlase arredor dunha rede de axentes do sistema galego de I+D+i coordinados pola Fundación Kaertor, e oriéntase a fortalecer as capacidades en biotecnoloxía sanitaria e a consolidar un ecosistema colaborativo que permita conectar ciencia, innovación e tecido produtivo. O seu impacto esténdese a nivel estatal, integrando múltiples comunidades autónomas baixo unha lóxica de cogobernanza e coprogramación.

Desde ingenyus* implicámonos na xestión integral de marketing e comunicación da iniciativa galega, definindo a súa estratexia, identidade e ferramentas de visibilidade.

estratexia de márketing e comunicación

ingenyus* colabora estreitamente co equipo de comunicación do PCBAS Galicia, liderado pola Fundación Kaertor, no deseño e execución dunha estratexia de comunicación transversal para todo o plan. Participamos desde o inicio en reunións presenciais e virtuais cos actores clave do proxecto, definindo as mensaxes estratéxicas e as ferramentas necesarias para a difusión. O noso labor centrouse na posta en marcha de accións para promover tanto a iniciativa no seu conxunto como a chamada a expresións de interese, contribuíndo ao deseño dunha folla de ruta comunicativa que acompaña e estrutura todas as actuacións.

identidade visual e deseño corporativo

Desenvolvemos a imaxe corporativa do PCBAS Galicia a partir dos criterios gráficos do plan estatal, creando unha identidade propia que une coherencia institucional con personalidade territorial. Elaboramos un manual de identidade visual que define elementos clave como o logotipo, a paleta de cores, as tipografías e a convivencia con outras marcas. Esta identidade aplícase de maneira sistemática en presentacións, documentos, bases de convocatorias e materiais visuais. Así mesmo, desenvolvemos plantillas de maquetación para memorias científicas e bases reguladoras, coidando a integración dos logotipos das entidades participantes e financiadoras.

PC-BAS

desenvolvemento e mantemento web

Deseñamos e desenvolvemos a plataforma dixital, concibida como eixo central do plan en Galicia. A web estruturouse segundo criterios de usabilidade e posicionamento SEO, con deseño responsive, recursos gráficos propios e arquitectura escalable. Implementamos funcionalidades clave como formularios personalizados para a presentación de propostas, apartados para novas, proxectos e eventos. Tamén realizamos o mantemento técnico e a actualización continua da web, incluíndo novos contidos, seccións específicas e melloras estruturais segundo a evolución do proxecto.

Home

captación de proxectos colaborativos

Acompañamos á Fundación Kaertor na definición e execución da convocatoria de expresións de interese para proxectos colaborativos do PCBAS. Participamos na redacción e maquetación das bases, no deseño dos materiais informativos e na planificación do proceso técnico de recepción, validación e avaliación de propostas. Implementamos un formulario web específico, configuramos contas de correo para a xestión documental e organizamos o fluxo de envío de informes finais. Este labor permitiu identificar e impulsar proxectos de alto impacto científico e tecnolóxico nas distintas liñas de actuación do plan.

actualización de contidos e visibilización dixital

Unha vez seleccionados os proxectos colaborativos, encargámonos da difusión individualizada de cada un deles a través da súa publicación na web. Para cada proxecto elaboramos unha ficha específica con información detallada, acompañada dun vídeo explicativo gravado coas investigadoras e investigadores principais. Este material complementouse con infografías divulgativas personalizadas, que resumen de maneira clara e visual os obxectivos e achegas de cada iniciativa. Creamos ademais unha sección específica de proxectos, con navegación intuitiva e accesible, e axustamos progresivamente a arquitectura web segundo o avance do plan e o comportamento das persoas usuarias.

Proyectos colaborativos home
Proyectos

xestión de noticias e sección informativa

Creamos e xestionamos unha sección de novas dinámica na web, estruturada por categorías e deseñada para manter informada a comunidade sobre os avances do PCBAS Galicia. As publicacións inclúen texto, imaxes, vídeos e materiais interactivos. Un exemplo destacado foi a incrustación dunha galería de imaxes do evento de presentación rexional, accesible directamente desde o post correspondente. Este espazo permite reflectir tanto as actividades institucionais como os fitos científicos do proxecto, ofrecendo un canal de información rigoroso e accesible para o público xeral e especializado.

Noticias

xestión de redes sociais

Colaboramos na estratexia de redes sociais do proxecto, especialmente a través das contas institucionais dos socios, como a Fundación Kaertor. Participamos na creación de contidos, redacción de copys, selección de creatividades e planificación de publicacións para potenciar a visibilidade do plan. Tamén contribuímos á difusión cruzada das accións en canles estatais e ao deseño de campañas de mailing que reforcen o alcance e a conexión directa cos distintos públicos implicados.

xestión e produción de vídeos e contidos divulgativos

Lideramos a produción dunha serie de vídeos divulgativos protagonizados polas investigadoras e investigadores principais dos proxectos seleccionados. Organizamos xornadas de gravación nos seus centros de traballo, coordinamos a produción audiovisual e realizamos a edición final coa integración de gráficos explicativos e infografías. Ademais, producimos contidos temáticos como os vídeos para o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e un vídeo institucional de presentación xeral do plan en Galicia. Estes recursos integráronse na web e foron proxectados en eventos clave, reforzando a dimensión narrativa e accesible do proxecto.

organización e asistencia técnica en eventos

Coordinamos a organización integral do evento de presentación rexional do PCBAS Galicia, celebrado na Cidade da Cultura. Encargámonos do deseño de materiais (roll-ups, programas, carteis), produción audiovisual, merchandising, escenografía, xestión de invitacións e protocolo institucional. Tamén prestamos asistencia técnica en eventos estatais, como o encontro celebrado en Madrid o 30 de maio de 2023, contribuíndo ao posicionamento nacional do plan e facilitando a participación de representantes galegos con materiais audiovisuais e apoio loxístico.

Evento PCBAS 3
Evento PCBAS 1
Evento PCBAS 4
Evento PCBAS 2

desenvolvemento de mapas interactivos

Deseñamos e desenvolvemos unha ferramenta de mapas interactivos de capacidades científicas, pensada para representar de forma visual as fortalezas de Galicia en biotecnoloxía. A ferramenta permite aplicar filtros por liña de actuación, entidade, área temática ou localización, e utiliza unha taxonomía propia que facilita a súa aliñación con outras iniciativas estatais e europeas. Esta plataforma intégrase na web como parte das accións dinamizadoras do plan e permite a axentes externos identificar con facilidade potenciales colaboracións en función do seu ámbito de interese.

Mapa interactivo

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top