Gene delivery made simple
TraffikGene é unha spin-off que xorde do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela.
O proxecto céntrase no desenvolvemento e síntese de novas moléculas artificiais que permitan protexer e transportar ácidos nucleicos, como o ARN mensaxeiro, ao lugar adecuado de forma eficiente e non tóxica.
Desde TraffikGene desenvolveron unha tecnoloxía que permite a síntese de grandes bibliotecas de compostos capaces de atravesar estas barreiras biolóxicas, facilitando a entrada de material xenético no interior das células onde leva a cabo a súa función, xa sexa biotecnolóxica ou terapéutica.
estratexia
Para TraffikGene levamos a cabo un proceso de deseño minimalista e diferenciador. Un proxecto que os fai destacar fronte á competencia, resaltando os valores de marca así como a visión e misión da empresa.
Desenvolvemos o deseño web, así como o deseño gráfico de diversas infografías, baseándonos na ICG e creando un concepto único e destacado na súa contorna.
deseño web
O desenvolvemento da páxina web baséase na identidade corporativa da marca.
Xeramos unha web que destaca no sector polo seu deseño orixinal e minimalista. A implementación de infografías e gráficos crea unha composición visual estética e sinxela para o usuario.

Ao mesmo tempo, mantén unha usabilidade e funcionalidade óptimas para calquera tipo de usuario. Tamén levamos a cabo a optimización SEO da páxina, relevante para o seu posicionamento favorable nos buscadores como Google, xenerando así un posicionamento orgánico sólido.
Trátase dunha páxina web versátil, intuitiva e sinxela, que cumpre con todos os requisitos de deseño responsive para garantir unha boa experiencia desde calquera dispositivo.
deseño gráfico
Na parte de deseño gráfico levamos a cabo a simplificación e desenvolvemento de diversas infografías co obxectivo de achegar ao usuario a información xerada por TraffikGene dunha maneira visual e estética.
Para o desenvolvemento das infografías guiámonos polas guías de cor e ICG da marca, xerando unha imaxe recoñecible e sólida no mercado de TraffikGene.

