RIES, onde converxe o futuro da saúde e a sostibilidade.
RIES24 é a IX edición do Fórum RIES, un punto de encontro de líderes de opinión e profesionais do sector público e privado da saúde cun obxectivo común: a revolución da saúde, trazando un futuro cara a unha vía máis innovadora e sostible.
Fiel ao seu carácter anual, o Fórum RIES continúa consolidándose como unha plataforma clave para abordar os retos do sector saúde. Nesta edición, celebrada os días 13 e 14 de novembro de 2024 no Balneario de Guitiriz, centrouse en piares fundamentais como a medicina personalizada, a biomedicina, os coidados híbridos e a circularidade na saúde.
O evento combinou relatorios, mesas redondas e espazos de networking, fomentando o diálogo e a colaboración entre líderes do sector, consolidando o seu papel como referencia na transformación cara a un sistema sanitario máis innovador e sostible.
dimensión do proxecto
identidade corporativa
deseño e desenvolvemento web
deseño gráfico
comunicación
identidade corporativa
En RIES adaptamos o deseño do logotipo do Fórum á edición actual, actualizando o claim, a data e estruturando a conformación dos diferentes elementos. O logotipo captura a esencia da identidade cunha aparencia moderna que simboliza a innovación e o avance no sector.
Ademais, seleccionamos unha paleta de cores que expresase a identidade do Fórum, simbolizando confianza, profesionalidade, saúde e sostibilidade. A identidade gráfica reflicte así un equilibrio entre a innovación colaborativa para transformar o sector da saúde.

deseño y desenvolvemento web

O resultado é un sitio web atractivo e profesional, deseñado cunha estética limpa e moderna que reflicte fielmente a esencia do Fórum RIES. Pensado para unha navegación intuitiva, ofrece unha experiencia fluida e accesible para todo tipo de usuarios. Ademais, priorizouse a optimización SEO, asegurando un excelente posicionamento orgánico en Google, o que permite ao Fórum RIES chegar de maneira eficaz a unha audiencia global comprometida coa innovación e a sostibilidade na saúde.


deseño gráfico
Tras a consolidación da imaxe de RIES e o proceso de deseño e desenvolvemento web, levamos a cabo un proxecto integral de deseño gráfico. Este proxecto abordou tanto o medio dixital como os elementos visuais do evento, creando de forma paralela unha identidade cohesiva nas súas versións dixital e física. Esta integración deu lugar a un concepto visual sólido, facilitando a comunicación efectiva co público obxectivo.

Encargámonos de crear todos os soportes físicos do evento, como photocalls, roll-ups, carteis e outros elementos, mantendo a identidade visual de RIES24. Este enfoque permitiu xerar un espazo unificado e visualmente atractivo que enriqueceu a experiencia dos asistentes.

Por outra banda, desenvolvemos todos os elementos dixitais presentes no evento, como cartelas de presentación, o deseño do atril dixital, gráficos para proxeccións e contido visual dinámico, entre outros. Esta integración de elementos permitiu fusionar o físico co dixital, xerando un ambiente cohesivo e perfectamente aliñado coa estética de RIES.


comunicación
Deseñamos e executamos toda a estratexia de comunicación dixital de RIES24, xestionando as plataformas LinkedIn, Instagram e X, ademais de implementar unha estratexia de mailing aliñada co lanzamento e a estrutura do evento.
A comunicación estruturouse en tres fases principais:
- Lanzamento: Creación de contido informativo para xerar expectativa e atraer ao público, despertando interese e entusiasmo arredor do evento.
- Fase intermedia: Desenvolvemento de contido detallado sobre o programa, destacando as relatorios e presentando aos ponentes invitados.
- Fase final: Recordatorios do evento e, posteriormente, contido post-evento como agradecementos e peche.
Para executar esta estratexia, encargámonos tanto da creación de contido visual (imaxes, carteis, gráficos) como da redacción dos textos (copywriting), garantindo unha mensaxe clara e atractiva.
Esta planificación estruturada permitiunos reforzar a presenza dixital do evento, comunicando de maneira eficaz os puntos clave ao público obxectivo e maximizando o seu impacto no entorno dixital.

