Estratexia Galega Biotech: consultoría para o impulso do sector

Enabled reading mode

Estratexia Galega Biotech

Desenvolvemento e deseño da Estratexia Galega de Consolidación do Sector Biotecnolóxico en Galicia. Esta estratexia creouse como folla de ruta da Xunta de Galicia, co obxectivo de apoiar o sector e fomentar o crecemento económico e o benestar social na comunidade. Concibiuse como un marco fundamental para posicionar Galicia como un destacado polo de xeración de coñecemento, promoción do desenvolvemento empresarial, fomento de oportunidades de negocio e atracción de talento.

dimensión do proxecto

consultoría

consultoría

Tras o desenvolvemento da Estratexia de Impulso de Biotecnoloxía 2016-2020, levamos a cabo, durante o período comprendido entre 2019 e 2020, a actual Estratexia de Consolidación de Biotecnoloxía.

Para a posta en marcha desta estratexia creamos un proceso aberto e colaborativo, cunha chamada á acción. Ademais, realizáronse encontros abertos ao sector xeral, así como entrevistas cos principais actores destacados, obtendo así os inputs necesarios para iniciar a seguinte fase.

Un traballo completamente sinérxico para obter o máximo coñecemento posible dos principais axentes implicados no sector, desenvolvido en diferentes etapas:

  • Enquisa sectorial ao ecosistema: unha proposta de acceso aberto a todo o sector para valorar cuantitativa e cualitativamente o período 2016 e, así, poder identificar as necesidades de mellora.
  • Entrevistas con axentes de relevancia: participación de personalidades desde a xeración de coñecemento ata representantes do ámbito empresarial ou institucional, servindo de partida para a identificación de liñas de actuación concretas para cada eixe estratéxico.
  • Revisión estratéxica: participación dos integrantes na revisión e valoración das accións estratéxicas que configuran o plan de actuación previo á publicación da Estratexia, a modo de validación.

A Estratexia de Consolidación leva implícita unha hibridación intersectorial debido ao carácter transversal da tecnoloxía e ao seu potencial de mestura con outros sectores de actividade ou económicos. A biotecnoloxía está presente nos debates sobre cambio climático, desenvolvemento sostible, motores económicos de crecemento e outros aspectos de actualidade no contorno próximo.

Pelas diferentes capacidades e potencial que alberga, a Estratexia está principalmente orientada a seis subsectores prioritarios, equilibrados e caracterizados pola hibridación intersectorial.

Estrategia de Consolidación del sector Biotecnológico de Galicia
Estratexia 2021-2025

A Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía 2021-2025 contén un obxectivo central: afianzar o camiño iniciado hai catro anos para situar ao sector no lugar que merece e que Galicia necesita.

A este obxectivo xeral súmanse metas específicas e medibles:

  • Incrementar en 50 % o número de empresas do sector biotecnolóxico en Galicia (+63 empresas).
  • Aumentar en 50 % a facturación global do sector (+220 millóns €).
  • Incrementar en 25 % o emprego de persoal cualificado en biotecnoloxía (+500 persoas).
  • Ampliar en 45 % o gasto en I+D+i no sector (+45 millóns €).
  • Incrementar en 20 % o número de investigadores (+250 investigadores EJC).
  • Aumentar en 300 % o capital de investimento privado.
  • Afianzar a hibridación sectorial mediante o desenvolvemento de 40 proxectos de I+D+i.

Para conseguir estes obxectivos, planificouse un plan orzamentario que cubre as diferentes áreas e accións necesarias. O orzamento para o período 2021-2025 ascende a 662M€, composto por unha inversión pública de 430M€ e unha aposta privada de 232M€.

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top