Foro de referencia para a Industria Biotecnolóxica
Desenvolvemos Galicia Biodays, un evento estratéxico e epicentro da innovación en tecnoloxía e ciencias da vida na Área Atlántica Europea.
Creamos o espazo perfecto para establecer novos contactos e sinerxías, así como un escenario ideal para explorar as últimas innovacións do sector a través de conferencias.
Desenvolvemos a identidade corporativa gráfica con as diferentes aplicacións requiridas, o deseño web, así como a colaboración na estratexia en redes sociais e ads. Finalmente, levamos a cabo a produción audiovisual do evento.
Estratexia
Participación activa na conceptualización e deseño estratéxico do evento. Ofrecemos soporte ao cliente na toma de decisións, así como na organización desde a fase inicial ata a finalización do evento.
branding
O desenvolvemento do branding está completamente aliñado coa marca Bioga, creando unha auténtica sinerxía entre o evento e a propia marca.
Para a realización do evento foi necesario levar a cabo o deseño e implementación da identidade corporativa gráfica de Galicia Biodays.
Creouse unha imaxe corporativa acorde ás necesidades e valores da marca, así como unha proposta de valor clara e facilmente identificable polo usuario.
Aplicáronse estes elementos en diferentes recursos clave para a difusión e creación do propio evento, como cartelería, sinalética, roll-ups, proxeccións, identificacións e merchandising corporativo, entre outros.
deseño web
Levamos a cabo o deseño e desenvolvemento da páxina web acorde co estilo corporativo da marca, sempre baixo un concepto claro: unha web usable e funcional, de fácil comprensión para calquera usuario.
Buscamos a máxima optimización da web. Tras a validación do wireframe, púxemonos mans á obra para crear unha web versátil, estética e intuitiva, sen esquecer que cumpra cos requisitos responsive. Ademais dunha correcta optimización SEO, isto permite adaptarnos aos estándares de posicionamento en Google, xerando así os mellores resultados de busca.
creación de contido
A estratexia de contido implementouse antes, durante e despois do evento, creando unha variedade de contido corporativo e informativo.
Elaboramos un plan de contidos para redes sociais, xenerando material corporativo para dar a coñecer Galicia Biodays. Para iso creamos contido de calidade baixo un mesmo estilo corporativo: publicacións para redes sociais, campañas de newsletter, así como a produción in situ de fotografías e vídeos coa correspondente edición.


