AllGenetics – Redeseño de web corporativa

Enabled reading mode

Trusted genomics company

AllGenetics  é desde 2011 o laboratorio líder en servizos xenómicos en España. Cunha enorme experiencia en secuenciación masiva e bioinformática, distínguese por lograr unha excelente relación cos clientes, que os recomendan como o seu laboratorio xenómico de confianza grazas á calidade dos seus servizos.

En ingenyus levamos a cabo o deseño da páxina web, cun enfoque orientado a poñer en valor as cinco liñas de servizos principais.

Estratexia

AllGenetics destaca por ofrecer unha imaxe cercana e atractiva, equilibrada coa profesionalidade que caracteriza os seus servizos. Ao mesmo tempo, dada a gran variedade de servizos que poden enmarcarse en cada liña de actuación, optouse pola diferenciación de cada vertical mediante cores, iconas e fotografías.

Como complexidade adicional, á hora de establecer e deseñar a web téñense en conta e aplicáronse os requisitos de accesibilidade da norma UNE-EN 301549:2022.

Web allgenetics

deseño web

O desenvolvemento da páxina web baséase na identidade corporativa de AllGenetics. O obxectivo principal é amosar de xeito claro as diferentes categorías de servizos, cun menú a priori simplificado que permite, unha vez desglosado, mostrar de forma detallada cada un dos servizos específicos.

Para cada un dos servizos dispoñese dunha páxina específica na que se desglosa a información necesaria para aclarar o alcance do servizo, como neste exemplo de RNA METABARCODING.

Para iso combínase a utilización tanto de texto como de infografía:

RNA metabarcoding service

Acorde cos principios de transparencia que rexen o deseño web, inclúese unha sección de equipo para poñer en valor ao persoal, dado o posicionamento da compañía como expertos en xenómica:

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top