Biotech partner para materiais de referencia certificados
CIFGA dedícase a mellorar a saúde humana a través dunha ampla gama de certificados de materiais de referencia e estándares de calidade controlada en máis de 30 países. CIFGA forma parte do grupo AMSlab.
En ingenyus* levamos a cabo unha colaboración ampla que abarca desde o redeseño de marca ata o deseño e desenvolvemento dun novo catálogo en liña, pasando polo posicionamento de pago e a xestión de redes sociais. Pola complexidade técnica do modelo de negocio, así como polas necesidades asociadas ao posicionamento global e á organización e presentación da información, o proxecto resultou un reto no que tivemos que esprimir ao máximo as nosas capacidades, froito do mix ciencia | deseño | comunicación.
marca e aplicacións
O proxecto parte dun redeseño da marca, mantendo as formas xeométricas e as curvas reflectidas a través da tipografía, eliminando o entrelazado dos caracteres, mellorando a lexibilidade e aportando máis forza ao logotipo co aumento do grosor. Mantémonos fieis á cor orixinal de CIFGA, o verde auga, que pode simbolizar o medio do que provén as toxinas mariñas, un dos puntos fortes da marca.


Antigua imagen de Cifga:
Rediseño de marca:
Como resultado do proceso inclúese o deseño e desenvolvemento dun Manual de Identidade Corporativa, no que se incorporan variacións da marca en negativos que forman parte das aplicacións posteriormente desenvolvidas, como a web:

web
ingenyus* levou a cabo un redeseño web centrado no protagonismo do catálogo de produtos e servizos, incluíndo micotoxinas, cianotoxinas e toxinas mariñas. No seu conxunto, dotouse á web de maior dinamismo e simplificáronse os mensaxes, en liña coa estratexia de posicionamento internacional.

social media
Como parte da colaboración, impulsamos as redes sociais da compañía con especial foco nos seguintes aspectos:
- Dar a coñecer a marca CIFGA.
- Amosar os produtos e servizos da marca.
- Destacar a calidade da marca CIFGA.

A colaboración inclúe ademais accións de posicionamento de pago para promover tanto os produtos como a propia compañía.