Responsabilidade, sostibilidade e compromiso ASG
Organización do evento final da 3ª edición de Responsabilízate de la Xunta de Galicia. Este programa ofrece asesoramento 100 % gratuíto destinado a apoiar ás microempresas e pemes do tecido empresarial galego na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles.
As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.

estratexia
Esta colaboración inclúe a participación desde a fase estratéxica e organizativa do evento, no que participan ata 400 persoas, representantes das entidades que formaron parte do proxecto. Desde ingenyus* lévase a cabo unha xestión integral do evento en colaboración co cliente.
O proxecto abarca tanto accións de deseño e marketing como consultoría e xestión durante o propio día do evento. A continuación pódese ver un resumo do acto de entrega:
xestión integral e aplicacións
O proxecto no seu conxunto inclúe a planificación estratéxica de espazos e tempos, así como o desenvolvemento das aplicacións necesarias para dotar ao evento da identidade corporativa requirida: escenarios, catering, roll-ups, photocall, etc.
Desde ingenyus* realizouse a xestión e coordinación con todas as empresas participantes, como servizo de azafatos, catering, entre outros. Esta actuación é tamén necesaria para a organización de autoridades, asistentes e público. O evento Responsabilízate resultou un éxito de participación, tal e como inmortalizamos co noso servizo de fotografía e vídeo.
Enlace a noticias:





