Clínica Moreiras – Web corporativa e produción audiovisual

Enabled reading mode

Clínica Moreiras

A Clínica Moreiras é un centro de referencia internacional en enfermidade tiroidea ocular e órbita. Fundada en 2001 en Santiago de Compostela polo Dr. José Vicente Pérez Moreiras, centrou todas as súas enerxías en dous obxectivos: ofrecer a maior calidade no tratamento das enfermidades e concienciar aos pacientes sobre a prevención das enfermidades oculares.

actualización de logotipo

Realizamos un restiling do logotipo para achegar maior atractivo visual e profesional. Ademais do logotipo, adaptáronse o resto de elementos corporativos coa idea de actualizar a imaxe da clínica, ofrecendo un estilo próximo pero tradicional, destacando os anos de experiencia e a capacidade de adaptarse aos cambios constantes.

deseño web

A páxina web da Clínica Moreiras foi creada seguindo os principios de UX, xerando unha experiencia agradable para o usuario, e é 100 % responsive, adaptándose a todo tipo de dispositivos.

Trátase dunha web intuitiva e práctica, na que o obxectivo principal é que o usuario localice a información rapidamente e poida recibir un servizo satisfactorio. Isto inclúe coñecer as patoloxías e solicitar unha cita, tanto presencial como en liña.

Pódese visitar nesta ligazón.

produción e edición de vídeo

O principal obxectivo da Clínica Moreiras é ofrecer un trato próximo e confortable aos seus pacientes. Por iso, realizáronse varios vídeos curtos nos que os especialistas explican as diferentes patoloxías, os tratamentos máis axeitados, así como as causas e efectos das mesmas. Con isto preténdese informar aos pacientes, para que dispoñan da maior cantidade de información posible e poidan confiar nos mellores especialistas.

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top