Hub de Innovación Dixital para as Ciencias da Vida
de Galicia
DATAlife DIH é o Hub de Innovación Dixital para a aplicación de intelixencia artificial e big data nas pemes dos sectores primario, biotecnolóxico e da saúde.
O hub DATAlife nace coa visión de converter Galicia nunha Biorrexión de referencia en Europa, mellorando a competitividade das pemes galegas.

apoio estratéxico
ingenyus* participou durante o ano 2019 na formulación estratéxica e desenvolvemento da proposta para que DATAlife obtivese a condición de Hub de Innovación Dixital. A participación inicial centrouse principalmente en accións de consultoría e representación, até acadarse en febreiro de 2020 a distinción oficial.
creación de marca
O símbolo identificador da marca DiH DATAlife representa as asas dunha bolboreta formadas polas letras “D”, “i” e “H”. A bolboreta é o elemento máis representativo, xa que o Hub integra todos os sectores da VIDA e a misión de DATAlife é converter a Galicia nunha Biorrexión de referencia en Europa. Así, Galicia experimenta unha metamorfose propia das bolboretas, simbolizando o seu crecemento e evolución.
Ademais do logotipo, a marca conta cunha ampla gama de aplicacións 100 % personalizadas, que inclúen iconas, infografías, presentacións e material corporativo, tanto en formato offline como online.




deseño e contidos de rr.ss. e mailing
Elaboramos o plan de redes sociais de DATAlife definindo os canais cos que nos íamos comunicar coa audiencia, as accións a realizar en redes sociais e o estilo da comunicación. Actualmente DATAlife está presente en LinkedIn e Twitter e podes subscribirte á newsletter para non perder nada.