Outsourcing – Márketing e comunicación 360º
Nanogap é sinónimo da nova revolución en catálise. Especializados na produción de clústeres metálicos, partículas subnanométricas con aplicacións diferenciais na industria. Exemplo das características dos seus nanomateriais é o desenvolvemento de materiais electricamente condutores, materiais fotoluminescentes, aditivos antimicrobianos para pinturas e plásticos, ou novos tratamentos terapéuticos para o cancro.
En ingenyus* colaboramos con Nanogap como o seu servizo de marketing e comunicación, onde exprimimos as nosas capacidades froito do mix ciencia | deseño | comunicación.
dimensión do proxecto
estratexia
marca e aplicacións
desenvolvemento web
plan de comunicación
feiras, conrgresos e eventos
estratexia
Como en todos os nosos proxectos, a participación contempla a colaboración na definición estratéxica das accións de márketing e comunicación, así como un seguimento das mesmas a través dos indicadores clave do proxecto.
marca e aplicacións
O proxecto no seu conxunto inclúe o desenvolvemento de todas as aplicacións necesarias na actividade diaria derivada da identidade de marca, como roll-ups, presentacións, documentos corporativos, materiais, etc.
En particular, destaca o acompañamento coa marca Hysun, incluíndo naming, branding, lanzamento en público, web, etc.
desenvolvemento web
Deseñamos e producimos a web corporativa de Nanogap nanogap.es, a cal forma parte do proceso comercial da compañía. Como aspectos máis destacados do traballo de redeseño web cabe sinalar a súa reestruturación completa, dirixida a potenciar o papel de Nanogap na revolución da catálise industrial.
Así mesmo, incluíuse un vídeo corporativo explicativo do funcionamento dos clústers metálicos e a súa aplicación industrial.

plan de comunicación
Desenvolvemos un plan integral de comunicación para o proxecto, orientado principalmente á xeración de contido de valor a través de inbound marketing. Así mesmo, potenciase a dinamización na comunicación a través de redes sociais, incrementando a participación dos perfís máis públicos da compañía.
Podes ver un exemplo da xeración de contido inbound de carácter máis técnico:

feiras, congresos e eventos
Como parte da colaboración, levamos a cabo a organización e asistencia a feiras e congresos, incluíndo desde a xestión administrativa necesaria ata o deseño das aplicacións como os stands e materiais específicos por feira/congreso.

Como parte da colaboración, participamos na presentación pública en sociedade de Hysun no Talent Garden de Madrid:
