BFMedicines: comunicación e impulso do programa Cáncer Innova

Enabled reading mode

Programa Cáncer Innova

Traballo para o impulso estratéxico do Programa Cáncer Innova da Business Factory Medicines, no que participan a Fundación Kaertor, Asociación Española contra el Cáncer,Agencia Gallega de Innovación, Janssen e Lilly.

A participación de ingenyus* corresponde a un servizo integral que abarca desde a creación da marca ata a aplicación e execución de ferramentas orientadas á comunicación do programa, á súa execución e á divulgación á sociedade no seu conxunto.

estrategia

Esta colaboración inclúe o deseño estratéxico, organización e planificación do programa en termos de captación de potenciais entidades interesadas na participación no proxecto. Neste sentido, considéranse como aspectos máis relevantes do proceso o abordar de forma eficiente e efectiva a parte alta do funnel (dar a coñecer o programa) así como a conversión (conseguir que entidades de interese participen no mesmo).

Abordouse un traballo global centrado no proceso que dá lugar á captación de Expresións de interese ata o peche, dando a coñecer os resultados do proxecto.

marca e aplicacións

O proxecto no seu conxunto inclúe a definición da identidade de marca e o desenvolvemento de todas as aplicacións necesarias como roll-ups, presentacións, documentos corporativos, folletos, materiais, etc. Por parte de ingenyus* velouse, así mesmo, por un uso correcto e adecuado da marca en todas as accións de comunicación durante a vixencia do proxecto.

Un dos aspectos diferenciais destas aplicacións foi o desenvolvemento de vídeos corporativos orientados á explicación de forma sinxela dun proceso que destaca pola súa complexidade.

desenvolvemento web

Deseñamos e producimos a web corporativa para o evento: cancerinnova.com, a cal actuou como elemento vertebrador da comunicación dixital.

Como aspectos máis destacados da web cabe sinalar tanto a explicación de forma sinxela da convocatoria como o deseño dun sistema de formularios orientados a facilitar e xestionar a captación de Expresiones de Interese.

social media

Desenvolvemos un plan integral de comunicación enfocado ao seu impulso por parte das entidades impulsoras do evento. A comunicación centrouse tanto nos prazos clave do programa como nos resultados do mesmo.

eventos de presentación

Como aspecto salientable do programa, cabe destacar tanto o evento de presentación en formato webinar orientado á captación de interesados e participantes no proxecto, como o evento de presentación de resultados. Este último caracterizouse pola participación dos representantes do proxecto así como do Presidente da Xunta nese momento, Alberto Núñez Feijóo.

A continuación móstrase o evento de presentación así como algunhas imaxes do evento (Fonte orixinal e propiedade: Xunta de Galicia):

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top