Moirai: branding e deseño web

Enabled reading mode

Humanización da Tecnoloxía a través da IoT

MOIRAI ofrece servizos de tecnoloxía para poñer á súa disposición e brindar un control total e unha visión clara de todo aquilo que aporta valor aos procesos de cada empresa. Isto permítelles operar en case calquera sector.

Desenvolvemos a imaxe de marca e o deseño da páxina web desde cero, representando a tecnoloxía e a innovación na que se basea este proxecto.

 

Estratexia

MOIRAI posúe un concepto de deseño diferenciador. Baseándonos no deseño suízo, integrámoslle a cultura da mitoloxía clásica (as Moiras) e o progreso e evolución da intelixencia artificial que aplican nos seus procesos, de aí o nome MOIRAI.

dimensión do proxecto

branding
deseño web

Logotipo Gif

branding

MOIRAI xorde da unión de dous conceptos, Moiras (Moir) e Intelixencia Artificial (AI).

O proceso de desenvolvemento desta imaxe corporativa abarca desde a fase inicial de investigación ata a implementación práctica, sendo o logotipo o elemento central desta identidade.

moirai branding

Para establecer unha conexión, creamos unha iconografía propia para cada unha das verticais nas que ofrece os seus servizos, así como humanizamos certos elementos como a “O” do logotipo, facendo referencia á mitoloxía clásica e ao destino que establecía a figura das Moiras na antiga Grecia. Un deseño que busca trascender a través do convencional, creando un contorno de marca onde a tecnoloxía sexa algo tan natural como o fluir do vento e a forza das ondas do mar.

Historia, modernidade e tecnoloxía, reflexadas nunha marca grazas á combinación de cores, tipografía e un deseño atemporal.

deseño web

O desenvolvemento da páxina web baséase na identidade de marca corporativa previamente establecida.

Xeramos unha web que destaca no sector polo seu deseño orixinal e arriscado. A implementación de figuras tridimensionais e o verde flúor xeran unha composición atractiva e fresca.

Ao mesmo tempo, mantén unha usabilidade e funcionalidade óptima para calquera tipo de usuario. Tamén xeramos a optimización SEO da páxina, relevante para o seu posicionamento favorable nos buscadores como Google, xerando así un posicionamento orgánico sólido.

Unha páxina web versátil, intuitiva e chamativa que cumpre con todos os requisitos de deseño responsive para garantir unha boa experiencia desde calquera dispositivo.

moirai.gal

recoñecemento

Finalista ao Mellor Deseño Dixital na Categoría de Deseño – Premios Paraugas 2023

Moirai
MOIRAI OCEANS & PORTS
MOIRAI Logistics desktop

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top