TEMPoS: branding e deseño web

Enabled reading mode

Cryo-Electron Mycroscopy Services

TEMPoS ofrece servizos a medida para satisfacer as súas necesidades de cryo-EM, mantendo-se á vangarda dos avances tecnolóxicos e refinando constantemente as técnicas para garantir un rendemento e unha produtividade óptimos. Un equipo novo e apaixonado que brinda solucións de microscopía electrónica enfocadas principalmente na determinación de estruturas para o desenvolvemento de fármacos.

Con TEMPoS desenvolvemos un proceso de redefinición de marca e deseño de páxina web, acorde cos valores e a imaxe que representan como empresa e equipo.

 

Estratexia

Para TEMPoS levamos a cabo un proceso de deseño diferenciador. Un concepto que os diferencia da competencia, resaltando algúns dos seus valores de marca como poden ser honestidade, compromiso, flexibilidade e practicidade.

O desenvolvemento da ICG estivo ligado en todo momento aos valores de marca, asociando as cores, tipografías e estrutura web ás necesidades do cliente.

dimensión do proxecto

branding
deseño web

branding

TEMPoS, que deriva das siglas TEM (Microscopía Electrónica de Transmisión) e POS (Estrutura de proteína), é unha empresa comprometida coa prestación de servizos de vangarda no campo da biotecnoloxía.

O desenvolvemento da imaxe corporativa abarca desde a fase inicial de investigación ata a implementación práctica, sendo o logotipo o elemento central desta identidade.

Para establecer unha conexión entre os valores de marca e a imaxe corporativa, incorporamos elementos como o verde fluorescente, que evoca a luz emitida polos microscopios que utilizan. Ademais, tivemos en conta a tridimensionalidade, xa que as imaxes xeradas polos microscopios son en 3D.

Enerxía, forza e versatilidade: unha marca en tendencia grazas á combinación de cores, tipografía e figuras con volume. Unha marca á vangarda das tendencias biotecnolóxicas que reflicte o compromiso coa excelencia e a innovación.

Tempos
Tempos

deseño web

O desenvolvemento da páxina web baséase na identidade de marca corporativa previamente establecida.

Xeramos unha web que destaca no sector polo seu deseño orixinal e arriscado. A implementación de figuras tridimensionais e o verde flúor xeran unha composición atractiva e fresca.

Ao mesmo tempo, mantén unha usabilidade e funcionalidade óptima para calquera tipo de usuario. Tamén realizamos a optimización SEO da páxina, relevante para o seu posicionamento favorable nos buscadores como Google, xerando así un posicionamento orgánico sólido.

Unha páxina web versátil, intuitiva e chamativa que cumpre con todos os requisitos de deseño responsive para garantir unha boa experiencia desde calquera dispositivo.

temposcryoem.com

Tempos
Tempos

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top