Phibo Group: xestión integral de márketing e comunicación

Enabled reading mode

A túa tranquilidade de apical a incisal

En coordinación co departamento de marketing do Grupo Phibo, levamos a cabo diversas accións co fin de unificar e implementar a comunicación de marca da empresa. O servizo que ofrecemos é totalmente 360º, con accións que abarcan desde o audiovisual, social media, estratexia, comunicación, eventos, posicionamento ata o deseño gráfico.

 

Estratexia

Mediante unha planificación organizada e estratéxica traballamos de forma sinérxica co grupo co fin de crear unha comunicación que sexa consecuente coa marca. Para axilizar e facilitar o proceso, levamos a cabo o proxecto a través de reunións, incluíndo visitas ás instalacións. Ademais, dentro desta planificación incluímos a parte de seguimento e medición de resultados, unha parte moi relevante para comprobar como funciona o traballo e en que aspectos podemos mellorar.

Phibo

deseño gráfico

Levamos a cabo a parte gráfica da comunicación, englobando unha ampla gama de materiais que inclúen envases, merchandising, presentacións, elementos de captación, así como documentos corporativos tales como catálogos, diplomas e presentacións, todos eles baixo unha coherente e unificada identidade de marca.

Phibo

desenvolvemento web

No ámbito dixital é imprescindible a constante actualización, ben sexa en termos de mantemento técnico como de estrutura. Por iso, encargámonos das revisións e actualizacións, así como da revisión SEO, xa que desempeña un papel fundamental para garantir que a páxina web se posicione de forma orgánica nos motores de busca.

social media

Desenvolvemos un plan integral deseñado específicamente para o Grupo Phibo, que engloba a creación e desenvolvemento de contidos, ata o seguimento e validación, incluíndo a xestión dos aspectos visuais das súas redes sociais. Ademais, encargámonos da execución de campañas publicitarias e da continua actualización e información nas redes sociais.

Phibo

eventos

Elaboramos un plan de acción e execución para o desenvolvemento de diversos eventos, incluíndo un análise detallado das necesidades tanto en termos de deseño como de planificación e dirección. Buscamos un obxectivo principal: crear experiencias relevantes que non só cumpran cos estándares básicos dun evento, senón que tamén destaquen e reforcen a presenza e a identidade da marca en cada unha destas situacións.

Phibo
Phibo

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top