Trusted genomics company
AllGenetics é desde 2011 o laboratorio líder en servizos xenómicos en España. Cunha enorme experiencia en secuenciación masiva e bioinformática, distínguese por lograr unha excelente relación cos clientes, que os recomendan como o seu laboratorio xenómico de confianza grazas á calidade dos seus servizos.
En ingenyus levamos a cabo o deseño da páxina web, cun enfoque orientado a poñer en valor as cinco liñas de servizos principais.
Estratexia
AllGenetics destaca por ofrecer unha imaxe cercana e atractiva, equilibrada coa profesionalidade que caracteriza os seus servizos. Ao mesmo tempo, dada a gran variedade de servizos que poden enmarcarse en cada liña de actuación, optouse pola diferenciación de cada vertical mediante cores, iconas e fotografías.
Como complexidade adicional, á hora de establecer e deseñar a web téñense en conta e aplicáronse os requisitos de accesibilidade da norma UNE-EN 301549:2022.

deseño web
O desenvolvemento da páxina web baséase na identidade corporativa de AllGenetics. O obxectivo principal é amosar de xeito claro as diferentes categorías de servizos, cun menú a priori simplificado que permite, unha vez desglosado, mostrar de forma detallada cada un dos servizos específicos.
Para cada un dos servizos dispoñese dunha páxina específica na que se desglosa a información necesaria para aclarar o alcance do servizo, como neste exemplo de RNA METABARCODING.
Para iso combínase a utilización tanto de texto como de infografía:

Acorde cos principios de transparencia que rexen o deseño web, inclúese unha sección de equipo para poñer en valor ao persoal, dado o posicionamento da compañía como expertos en xenómica:
