Bioxogo – unha historia animada
Galicia converteuse nunha das principais rexións biotecnolóxicas de España grazas ao fomento da xeración de negocio e á consolidación de empresas biotecnolóxicas. A promoción do uso e aplicación da biotecnoloxía en todos os sectores económicos e un ecosistema colaborativo favorecen o emprendemento, o crecemento e as oportunidades para novas empresas na nosa rexión.
En ingenyus* colaboramos con Bioga mediante o deseño e desenvolvemento dun sinxelo videoxogo para o seu uso en feiras, eventos e congresos.

estratexia
Desde Bioga planteouse o reto de dinamizar a asistencia en feiras e congresos co propósito, variable, de captar leads para diferentes obxectivos.
Por parte de ingenyus*, propúxose unha estética de gamificación en formato dixital, a través do deseño dun videoxogo de estética 16 bits, inspirado no ecosistema biotecnolóxico de Galicia. Como punto de partida lanzouse a web biogame.bioga.org, que serve para contextualizar e como canle de comunicación para explicar o propósito da participación. É unha web intuitiva, con un formulario asociado á participación, orientada a responsive, dado que os posibles interesados accederían a través do móbil.

xogo
O deseño en 16 bits adaptouse á realidade do ecosistema. Deste xeito, os personaxes corresponden a persoas reais do ecosistema e son recoñecibles para os usuarios habituais. Ao mesmo tempo, o xogo aporta información mediante preguntas para achegar aos novos stakeholders datos clave sobre da contorna biotech.

