Programa Cáncer Innova
Traballo para o impulso estratéxico do Programa Cáncer Innova da Business Factory Medicines, no que participan a Fundación Kaertor, Asociación Española contra el Cáncer,Agencia Gallega de Innovación, Janssen e Lilly.
A participación de ingenyus* corresponde a un servizo integral que abarca desde a creación da marca ata a aplicación e execución de ferramentas orientadas á comunicación do programa, á súa execución e á divulgación á sociedade no seu conxunto.
dimensión do proxecto
estratexia
marca e aplicacións
desenvolvemento web
social media
eventos de presentación
estrategia
Esta colaboración inclúe o deseño estratéxico, organización e planificación do programa en termos de captación de potenciais entidades interesadas na participación no proxecto. Neste sentido, considéranse como aspectos máis relevantes do proceso o abordar de forma eficiente e efectiva a parte alta do funnel (dar a coñecer o programa) así como a conversión (conseguir que entidades de interese participen no mesmo).
Abordouse un traballo global centrado no proceso que dá lugar á captación de Expresións de interese ata o peche, dando a coñecer os resultados do proxecto.
marca e aplicacións
O proxecto no seu conxunto inclúe a definición da identidade de marca e o desenvolvemento de todas as aplicacións necesarias como roll-ups, presentacións, documentos corporativos, folletos, materiais, etc. Por parte de ingenyus* velouse, así mesmo, por un uso correcto e adecuado da marca en todas as accións de comunicación durante a vixencia do proxecto.
Un dos aspectos diferenciais destas aplicacións foi o desenvolvemento de vídeos corporativos orientados á explicación de forma sinxela dun proceso que destaca pola súa complexidade.


eventos de presentación
Como aspecto salientable do programa, cabe destacar tanto o evento de presentación en formato webinar orientado á captación de interesados e participantes no proxecto, como o evento de presentación de resultados. Este último caracterizouse pola participación dos representantes do proxecto así como do Presidente da Xunta nese momento, Alberto Núñez Feijóo.
A continuación móstrase o evento de presentación así como algunhas imaxes do evento (Fonte orixinal e propiedade: Xunta de Galicia):



social media
Desenvolvemos un plan integral de comunicación enfocado ao seu impulso por parte das entidades impulsoras do evento. A comunicación centrouse tanto nos prazos clave do programa como nos resultados do mesmo.