Clínica Moreiras
A Clínica Moreiras é un centro de referencia internacional en enfermidade tiroidea ocular e órbita. Fundada en 2001 en Santiago de Compostela polo Dr. José Vicente Pérez Moreiras, centrou todas as súas enerxías en dous obxectivos: ofrecer a maior calidade no tratamento das enfermidades e concienciar aos pacientes sobre a prevención das enfermidades oculares.
actualización de logotipo
Realizamos un restiling do logotipo para achegar maior atractivo visual e profesional. Ademais do logotipo, adaptáronse o resto de elementos corporativos coa idea de actualizar a imaxe da clínica, ofrecendo un estilo próximo pero tradicional, destacando os anos de experiencia e a capacidade de adaptarse aos cambios constantes.

deseño web
A páxina web da Clínica Moreiras foi creada seguindo os principios de UX, xerando unha experiencia agradable para o usuario, e é 100 % responsive, adaptándose a todo tipo de dispositivos.
Trátase dunha web intuitiva e práctica, na que o obxectivo principal é que o usuario localice a información rapidamente e poida recibir un servizo satisfactorio. Isto inclúe coñecer as patoloxías e solicitar unha cita, tanto presencial como en liña.
Pódese visitar nesta ligazón.
