E-DIH Datalife: impulso do hub de innovación

Enabled reading mode

Hub de Innovación Dixital para as Ciencias da Vida
de Galicia

DATAlife DIH é o Hub de Innovación Dixital para a aplicación de intelixencia artificial e big data nas pemes dos sectores primario, biotecnolóxico e da saúde.
O hub DATAlife nace coa visión de converter Galicia nunha Biorrexión de referencia en Europa, mellorando a competitividade das pemes galegas.

DiH_Logo

apoio estratéxico

ingenyus* participou durante o ano 2019 na formulación estratéxica e desenvolvemento da proposta para que DATAlife obtivese a condición de Hub de Innovación Dixital. A participación inicial centrouse principalmente en accións de consultoría e representación, até acadarse en febreiro de 2020 a distinción oficial.

creación de marca

O símbolo identificador da marca DiH DATAlife representa as asas dunha bolboreta formadas polas letras “D”, “i” e “H”. A bolboreta é o elemento máis representativo, xa que o Hub integra todos os sectores da VIDA e a misión de DATAlife é converter a Galicia nunha Biorrexión de referencia en Europa. Así, Galicia experimenta unha metamorfose propia das bolboretas, simbolizando o seu crecemento e evolución.

Ademais do logotipo, a marca conta cunha ampla gama de aplicacións 100 % personalizadas, que inclúen iconas, infografías, presentacións e material corporativo, tanto en formato offline como online.

desenvolvemento web

A web de DATAlife está creada a partir dos principios de UX, xerando unha experiencia agradable para o usuario e é 100% responsive, adaptándose aos diferentes dispositivos. Esta ventá de información é a presentación do Hub e contén apartados dinámicos que están en continua evolución e crecemento.

Pódela ver nesta ligazón.

DiH DATAlife web

deseño e contidos de rr.ss. e mailing

Elaboramos o plan de redes sociais de DATAlife definindo os canais cos que nos íamos comunicar coa audiencia, as accións a realizar en redes sociais e o estilo da comunicación. Actualmente DATAlife está presente en LinkedIn e Twitter e podes subscribirte á newsletter para non perder nada.

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top