Descubrimento temperán de fármacos a partir de fungos
Hifas Biologics é unha empresa de biotecnoloxía enfocada no descubrimento temperán de fármacos, utilizando os fungos como fonte natural para a súa obtención. Esta empresa xorde do coñecemento acumulado de Hifas da Terra durante máis de 20 anos de experiencia na investigación e validación das propiedades funcionais dos fungos. Partindo deste punto, empregan estratexias de identificación molecular cun claro enfoque no desenvolvemento de medicamentos en etapas temperás para necesidades médicas importantes non cubertas.
A compañía na que Fleming investiría
Para reflectir que é Hifas Biologics, realizamos un proceso de consultoría previa orientado tanto á estruturación de contidos como á identificación dos obxectivos clave da compañía.
deseño web
Desenvolvemos a páxina web tendo en conta a identidade corporativa da marca. O resultado é un sitio web que destaca tanto polo seu menú como por un deseño diferencial, con referencias micolóxicas como grandes protagonistas. A inclusión de elementos animados e as explicacións mediante infografías crean unha composición visualmente atractiva e diferenciadora.
Ademais, priorizouse o acceso á información adaptada aos distintos niveis de coñecemento científico. A usabilidade e funcionalidade da páxina están garantidas, de forma que calquera usuario poida navegar sen dificultades. Tamén levamos a cabo a optimización SEO co fin de mellorar o posicionamento nos buscadores, como Google.

Como resultado, unha web intuitiva e diferenciadora que, ademais, cumpre meticulosamente cos estándares de deseño responsive, ofrecendo así unha experiencia óptima desde calquera dispositivo.
social media
Como parte do noso servizo, colaboramos con Hifas na xeración de contidos para LinkedIn, orientados á aportación de valor vinculada á micoloxía e ás súas propiedades derivadas.
