Néboda: deseño web

Enabled reading mode

Agricultura vertical de interior

Néboda é unha empresa de agricultura vertical de interior. O seu sistema de agricultura de alta densidade e baixo custo combina co seu enfoque científico e experiencia en automatización industrial. Grazas a isto, sitúanse como unha empresa innovadora e adaptada ás necesidades do público ao que se dirixen.

Desenvolvemos o deseño da páxina web, baixo unhas premisas moi claras entre as que destacan a alta tecnoloxía, a sustentabilidade e a agricultura vertical.

 

Estratexia

Néboda destaca por unha imaxe fresca, próxima e atractiva aos ollos do consumidor. A fusión entre ilustración e imaxe culmina nun estilo recoñecible e chamativo en canto a deseño. Estes conceptos deben estar presentes en todo momento á hora de establecer e deseñar unha web accesible e acorde cos obxectivos que se perseguen.

dimensión do proxecto

deseño web

Néboda Farms

deseño web

O desenvolvemento da páxina web baséase na identidade corporativa previamente establecida.

O primeiro que se quere amosar nun simple vistazo é a sustentabilidade e a alta tecnoloxía que emprega Néboda. O uso das ilustracións acompañadas destes conceptos básicos no slider principal permite definir á perfección a marca.

Outro dos obxectivos é dar continuidade á web, polo que a superposición de formas e imaxes con acabados dentados e circulares achega un claro dinamismo na experiencia de usuario, facendo así que as transicións entre seccións sexan moito máis orgánicas e naturais.

Outro dos puntos clave na web é a conversión de contido textual en elementos gráficos identificativos, que permiten unificar a imaxe e facer da web de Néboda unha especie de infografía definitoria da empresa.

Néboda Farms

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top