Estratexia, xestión e deseño sostible integral
En 2025 realizamos, un ano máis, a xestión integral do evento final de entrega do selo Responsabilízate, achegando unha mirada estratéxica e creativa a cada fase do proxecto.
Participamos desde a planificación inicial ata a coordinación operativa o día do acto, incluíndo o deseño gráfico, a produción de elementos visuais, a relación con provedores, a loxística e a cobertura audiovisual. Un traballo transversal que asegurou coherencia, dinamismo e un resultado aliñado cos valores do programa.
compromiso e sostibilidade empresarial
Coordinación do evento de clausura da 4ª edición do programa Responsabilízate, impulsado pola Xunta de Galicia. Esta iniciativa continúa ofrecendo apoio gratuíto e especializado a pequenas e medianas empresas galegas para fomentar a súa transición cara a modelos máis responsables, sostibles e aliñados cos criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza).

As organizacións participantes contan con acompañamento personalizado, formación e asesoramento técnico por parte dun equipo experto, adaptando as solucións á súa realidade empresarial concreta.
enfoque estratéxico desde o inicio
A nosa intervención arranca desde as primeiras fases de deseño e planificación do evento, que reuniu case 300 asistentes vinculados ao programa.
Desde ingenyus* asumimos a coordinación completa da xornada, traballando da man co equipo do cliente e xestionando a relación con provedores. O proxecto integrou accións de deseño, marketing, soporte técnico e operativo durante todo o evento.



xestión integral e deseño
Encargámonos de definir e organizar a estrutura espacial e temporal do evento, ademais de desenvolver todos os elementos que construíron a súa identidade visual e ambiente corporativo: escenografía, soportes gráficos como roll-ups, corpóreo e photocall, entre outros.

Coordinamos tamén todos os equipos e servizos implicados: azafatas/os, restauración, xestión de asistentes e autoridades, asegurando unha experiencia fluída e profesional. O resultado foi un encontro cunha alta asistencia, documentado ao detalle mediante os nosos servizos de fotografía e vídeo.

