Responsabilízate – xestión 360° evento

Enabled reading mode

Estratexia, xestión e deseño sostible integral

Organización do evento final da 3ª e 4ª edición do programa Responsabilízate da Xunta de Galicia. Esta iniciativa ofrece asesoramento 100 % gratuíto destinado a apoiar ás pemes e microempresas do tecido empresarial galego na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social e economicamente sostibles.

Participamos desde a planificación inicial ata a coordinación operativa o día do acto, incluíndo o deseño gráfico, a produción de elementos visuais, a relación con provedores, a loxística e a cobertura audiovisual. Un traballo transversal que asegurou coherencia, dinamismo e un resultado aliñado cos valores do programa.

compromiso e sostibilidade empresarial

Coordinación do evento de clausura da 3º e 4ª edición do programa Responsabilízate, impulsado pola Xunta de Galicia. Esta iniciativa continúa ofrecendo apoio gratuíto e especializado a pequenas e medianas empresas galegas para fomentar a súa transición cara a modelos máis responsables, sostibles e aliñados cos criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza).

Logo responsabilizate

As organizacións participantes contan con acompañamento personalizado, formación e asesoramento técnico por parte dun equipo experto, adaptando as solucións á súa realidade empresarial concreta.

enfoque estratéxico desde o inicio

A nosa intervención arranca desde as primeiras fases de deseño e planificación do evento, que reuniu en ambas edicións a case 400 asistentes vinculados ao programa.

Desde ingenyus* asumimos a coordinación completa da xornada, traballando da man co equipo do cliente e xestionando a relación con provedores. O proxecto integrou accións de deseño, marketing, soporte técnico e operativo durante todo o evento.

Responsabilizate 3
Responsabilízate
Responsabilizate 8

xestión integral e deseño

Encargámonos de definir e organizar a estrutura espacial e temporal do evento, ademais de desenvolver todos os elementos que construíron a súa identidade visual e ambiente corporativo: escenografía, soportes gráficos como roll-ups, corpóreo e photocall, entre outros.

Responsabilizate 1

Coordinamos tamén todos os equipos e servizos implicados: azafatas/os, restauración, xestión de asistentes e autoridades, asegurando unha experiencia fluída e profesional. O resultado foi un encontro cunha alta asistencia, documentado ao detalle mediante os nosos servizos de fotografía e vídeo.

Credits

We are experts in

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla nec nisl nibh. Proin convallis, erat a facilisis dictum, tellus sem semper libero, quis fermentum nulla leo vel tortor. Suspendisse tincidunt non nunc ut rhoncus. Nullam dapibus, magna at iaculis tincidunt, lacus nibh placerat libero, ac vulputate tortor urna sed sem.

Go to top