Un traballo de fondo
Traballo de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o impulso da Xornada sobre o futuro e presente da Igualdade, Diversidade e violencia no traballo: Un traballo de fondo.
A participación de ingenyus* contempla desde a organización estratéxica ata a execución, control e produción do evento. Un servizo 360º con accións que abarcan desde o audiovisual, social media, estratexia, comunicación, eventos, posicionamento ata o deseño gráfico.
dimensión do proxecto
estratexia
deseño gráfico
desenvolvemento web
social media
produción audivisual
estratexia
Esta colaboración inclúe o deseño estratéxico, organización e planificación da xornada. Neste sentido, contempla desde a selección estratéxica da ubicación ata a definición do funnel de marketing necesario para a captación de asistentes e a súa xestión final. Ademais, no marco desta planificación incluímos o seguimento e medición de resultados, unha parte moi relevante para avaliar o impacto do evento.

deseño gráfico
Levamos a cabo o deseño da imaxe corporativa do evento así como o desenvolvemento das aplicacións, que abarca desde a propia comunicación do evento ata a produción de materiais e a aplicación no apartado de comunicación audiovisual (cartelas, pantallas, roll-up, etc.).
A identidade visual única garante que tanto esta xornada como potenciais xornadas similares no futuro sexan facilmente recordables polos asistentes.

produción audiovisual
Como aspecto salientable do evento, levouse a cabo a produción audiovisual, incluíndo gravación e toma de fotografías. O evento puido seguirse a través de streaming mediante as cámaras instaladas e contando con tradución a lingua de signos. Así mesmo, editouse un vídeo resumo do evento:
A continuación móstranse algunhas imaxes do evento:





social media
Desenvolvemos un plan integral de comunicación enfocado á súa dinamización por parte das persoas impulsoras do evento. A comunicación centrouse na posta en valor dos perfís que compoñen o programa, dada a súa relevancia e interese para a audiencia. As imaxes SEO xeradas estaban especialmente deseñadas para compartir en redes sociais.